Cultura

Cultura

- 2021 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Los Troyanos de Compostela" traerán a música da tuna aos Venres Culturais

Sábado 30 de marzo do 2019 20:30 horas - Pazo da Cultura

A música popular das tunas compostelás e de autores galegos de finais do século XIX e comezos do XX serán as protagonistas do espectáculo musical "Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya", un animado concerto que recrea a atmosfera da tradición popular musical e da tuna estudantil, que alcanzou o seu esplendor aproximadamente hai un século.

O grupo da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, Troyanos de Compostela, será o encargado de mergullarnos neste ambiente do tempo de La Casa de la Troya, fío condutor de "Viva Galicia!", o primeiro disco da formación vinculada á casa-museo compostelá que pretende investigar e divulgar a actividade musical desa época con este grupo de corda pulsada. O mestre Fernando Reyes, especialista en música patrimonial e histórica, é o director musical deste traballo.

Público: Todos os públicos
Entrada: Con convite
Duración: 1 h
Organiza: Concellaría de Cultura

Venres Culturais 2019

Compartir: