Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Presentación literaria con Manuel Monge

Xoves 21 de marzo do 2019 19:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O sociólogo e ensaista galego Manuel Monge González presentará en Carballo o seu último traballo literario titulado "Guía para non perderse en política. 120 realidades silenciadas", un manifesto contra os restos do franquismo e unha guía para non perderse en política, publicado pola editorial Laiovento.

Segundo o propio autor, trátase dun libro colectivo que recolle a pé de páxina centos de citas de escritores/as e xornalistas, que son, realmente, os/as verdadeiros/as autores/as desta obra de lectura  amena e recomendable para quen desexe acceder ás 120 realidades que aborda. Queres saber cales son? Pois non perdas a oportunidade de descubrilo da propia boca do seu autor. 

Público: Adulto
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir: