Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A compañía Fran Sieira abrirá a XVII Primavera en Danza

Venres 26 de abril do 2019 21:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Do 26 de abril ao 12 de maio volve a Primavera en Danza a Carballo cunha carteleira, organizada pola Concellaría de Cultura, que combina propostas arriscadas con outras máis accesibles para todo tipo de público. A décimo sétima edición inclúe cinco citas coreográficas pertencentes ao programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto de espectáculos que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). E a primeira en subir ao escenario será a compañía Fran Sieira coa obra Entresoños, unha peza coreográfica de baile e música tradicional galega, creada desde o marco da danza contemporánea, cunha forte carga teatral, onde a tradición é o mecanismo de expresión.

A compañía de danza Fran Sieira nace no 2017 co obxectivo de procurar novas posibilidades para o baile tradicional de Galicia. Nesta primeira produción conta cun interesante equipo que, entre outros, inclúe a visión contemporánea do director artístico David Vilariño e a composición musical de Anxo Pintos.
     
Sinopse: Nunca tiveches un soño que perseguir pero polo que non ousas loitar? E, de súpeto, cada noite un soño invade a túa mente. Dentro de ese soño hai ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Só importa a música e o movemento que o corpo xera ao sentila. 

Dirección: Fran Sieira /Intérpretes: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó/ Voces: Aida Tarrío e Xisco Feijoó/ Dirección artística: David Vilariño/ Composición musical: Anxos Pintos/ Deseño iluminación: Luís Perdiguero/ Deseño de escenografía: Vanesa Hernández/ Deseño de vestiario: Alessio Meloni.

Público: Adulto
Entrada: 4€/3€
Duración: 70 min.
Organiza: Concellaría de Cultura

XVII Primavera en Danza

Compartir: