Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Espectáculo interxeracional con Pink Unicorns, de La Macana

Sábado 27 de abril do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Pink Unicorns, a nova creación de La Macana, pon enriba do escenario a un pai co seu fillo de catorce anos. Un reto excepcional que nos fará gozar da relación de dúas xeracións ben distintas xuntas nun mesmo movemento. O bailarín cubano de ampla experiencia enfróntase ao desafío que bailar co compañeiro máis achegado. E polo outro lado, un atlético e creativo adolescente, que confronta a súa perspectiva da xeración Z ou milennial co seu pai. Trátase dunha obra divertida, na que se fusionan distintos tipos de baile con escenas teatrais ofrecéndonos unha oportunidade única de gozar de dous corpos nacidos para o movemento.  

La Macana é unha das compañías galegas de máis proxección internacional. Foi creada en 2009 por Caterina Varela e Alexis Fernández e, neste espectáculo contan coa colaboración dun relevante coreógrafo francés de orixe alxeriano,  Samir Akika, director de danza do Bremen Theater, en Alemaña, así como do artista visual Tilo Schreieck.  
  
Creación: Samir Akika, Caterina Varela e Alexis Fernández/ Interpretación: Alexis Fernández e Paulo Fernández/ Deseño de iluminación: Afonso Castro/ Espacio: Tilo Schreieck.

Unha produción de La Macana en coprodución con AGADIC, Theater in Pumpenhaus e Theater Bremen.

Público: Xuvenil e adulto
Entrada: 4€/3€
Duración: 80 min.
Organiza: Concellaría de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios 

XVII Primavera en Danza

Compartir: