Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Danza, teatro e circo na proposta máis novidosa e arriscada de Paula Quintas

Venres 3 de maio do 2019 21:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Dentro da programación da XVII Primavera en Danza de Carballo tamén teñen cabida propostas arriscadas como a que nos presenta esta semana Paula Quintas coa obra "Plastic", un espectáculo atrevido e novidoso, dirixido pola creadora e bailarina Rut Balbís, que nos amosa a unha artista multidisciplinar formada en danza-circo, teatro físico e danza contemporánea.

Sinopse: Como se dunha Barbie se tratara, o seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo: baleira por dentro, hermética ao exterior. Reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle da ao de fóra e non ao de dentro. O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen.  

Creación e dirección: Rut Balbís/ Interpretación: Paula Quintas/ Deseño de iluminación e escenografía: Afonso Castro/ Deseño de vestiario: Fany Bello        

Público: Adulto. Recomendado para maiores de 12 anos
Entrada: 3 € / 2 €
Duración: 45 min.
Organiza: Concellaría de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios

XVII Primavera en Danza

Compartir: