Cultura

Cultura

- 2020 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A proposta máis poética da Primavera en Danza chegará con "La desnudez"

Sábado 4 de maio do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura

La desnudez é unha proposta poética sobre o saber quererse. Dúas figuras en escena, acompañados por un músico, o son grave do vento no metal, provocan o impulso de estreitar lazos pero manténdoos floxos para poder desenredarse rápido. Unha viaxe que se pasea entre o amor e a morte, onde se constrúe e destrúe, como o acto de respiración. A beleza na nudez do que hai e do que acontece entre dúas persoas.

A compañía Daniel Abreu é unha das máis destacadas da escena española e o seu creador, un dos bailaríns e coreógrafos máis relevantes, recoñecido, entre outros moitos, co Premio Nacional de Danza 2014. Puidemos gozar xa dos seus sensibles traballos de coidada simboloxía poética durante a Primavera en Danza 2008, coa obra Negro.

Estamos ante un espectáculo único e irrepetible, gañador de 3 Premios Max: Mellor Espectáculo de Danza, Mellor Intérprete Masculino de Danza e Mellor Coreografía.

Dirección, coreografía e espazo: Daniel Abreu/ Intérpretes: Dácil González e Daniel Abreu / Músico: Hugo Portas / Iluminación: Irene Cantero/ Realización de escultura: David Benito/ Realización de vestiario: Ángeles Marín
 
Público: Adulto
Entrada: 4 € / 3 €
Duración: 60 min.
Rede Galega de Teatros e Auditorios

XVII Primavera en Danza

Compartir: