Cultura

Cultura

- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A cativada, protagonista das propostas máis madrugadoras do Día das Letras Galegas

Venres 17 de maio do 2019 Desde as 11:00 horas - 1º andar Mercado Municipal

O Día das Letras Galegas, que se conmemora o 17 de maio, chegará repleto de actividades e propostas para todas as idades arredor da figura de Antón Fraguas. Estas son as máis madrugadoras que levaremos a cabo ao longo da mañá no 1º andar do Mercado Municipal debido ás previsións de mal tempo. Toma boa nota e non faltes!

Ás 11:00h.
- Actuación da Banda Municipal de Gaitas, que volverá a actuar ás 13:30h para ofrecer un concerto
- Ficción dramatizada a cargo do alumnado do San Luís Romero
- Entrevista a Antón Fraguas
- Concurso de pintura e debuxo Luís Calvo Sanz (A.C.Lumieira)

Ás 11:30h. Contacontos infantís

- "Unha noite no muíño... lembrando a Antón Fraguas", con Caxoto
- "Raposadas con Antonio", coa escritora e académica Raquel Queizás (Ludoteca). 
Trátase dunha colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos, a través dun espectáculo de corenta minutos de duración con monicreques e obxectos.
Sinopse:

Ao neno Antonio gústalle coidar da raposa, algúns días lévaa á súa casa na aldea. Alí xogan, escoitan os contos de Mamá Antonia, buscan respostas ás adiviñas que sabe a galiña e axudan ao sapo a sementar os campos. Ao terminar a colleita comeza a festa, en compañía danzan ao ritmo da pandeireta!!

Ás 12:30h. Concerto

Actuación de Pablo Díaz, "Coas miñas mans". Tras anos realizando espectáculos musicais para o público infantil, presenta o seu último traballo baseado na xestualidade manual e facial, partindo das mans como estratexia comunicativa.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir: