Cultura

Cultura

- 2020 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Arela presenta o programa "Convive.comigo"

Mércores 15 de maio do 2019 19:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O auditorio da biblioteca acollerá esta tarde a presentación do programa Convive.comigo, unha iniciativa da asociación Arela, financiada pola Xunta de Galicia, que busca familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades, e a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.

Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/as adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.

Se queres máis información sobre como funciona este programa tan necesario e que axuda a tanta xente nova, non faltes. Agardámoste!

Compartir: