Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Festival infantil con música de Trotaventos e teatro de rúa con Muu

Xoves 27 de xuño do 2019 19 e 20 horas - Praza do Concello

A programación de San Xoán chega aos máis cativos/as coa celebración, por terceiro ano consecutivo, dun festival infantil. Este ano a compañía de teatro Muu e o grupo musical Trotaventos farán as delicias dos máis pequenos/as cuns espectáculos repletos de humor, clown, malabares e moita música.

A tarde arrincará coa actuación da compañía Muu, que ofrecerá un espectáculo fresco e divertido que titulado Crunch! e protagonizado por dous superheroes dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas no saian sempre como eles queren. Teatro de rúa, circo, clown e malabares diarios para chegar a fin de mes, con saltos mortais, golpes e caídas das que un aprende e sae adiante. E, sobre todo, risas, moitas risas.

Concerto do grupo Trotaventos

A fiestra dos soños
é un concerto, non para pequenos/as nin para adultos, simplemente para soñadores. A fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños. Os poemas convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases e cambios de tonalidade cunha liña que bebe das músicas populares do mundo e que atravesa cada un dos temas para darlle unidade. A parte literaria está composta por trece poemas cunha temática que canta á natureza desde un enfoque moderno, con moito humor e algunhas pinceladas de maxia. Non volo podedes perder!

Compartir: