Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Festa do Bosque pechará a programación de San Xoán

Domingo 30 de xuño do 2019 Todo o día - Bosque do Añón

Este domingo despediremos as festas de San Xoán coa tradicional celebración da Festa do Bosque. E para elo, contaremos cun programa de actividades para todas as idades repleto de música, gastronomía, diversión, concursos e moitos premios nunha contorna excepcional: o Bosque do Añón, no que este ano porase en marcha unha campaña de sensibilización medioambiental para conciencar á veciñanza sobre a importancia de coidar e respectar o medio que nos rodea. Toma boa nota das citas do día para non perder ningunha. Son estas! 

  • 13.00 horas. Sesión vermú a cargo do grupo Trastes
  • 16.30 horas. Concurso de sobremesas e licores caseiros (Patrocina: Confitaría San Luis)
  • 17.30 horas. Xogos populares
  • 18.30 horas. 109ª edición do Campionato mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. Inscricións a partir das 17.30 horas. (Patrocina: Zocas, Restaurante As Sollas, Librería Punto e Coma, Mmmm! Xeados e Fanucha's Creadora de Dulzura).
  • 19.00 horas. Animación musical a cargo de Dj David

E LEMBRA!
  • Está prohibido aparcar vehículos no interior do Bosque.
  • O acceso para carga e descarga deberá realizarse de 09.00 a 12.30 horas. O único acceso autorizado será dende o Añón de Bértoa (as outras entradas estarán sempre obstaculizadas con pedras).
  • As cintas de reserva de espazo retiraranse ás 12.30h.
  • Están prohibidos os enganches de luz.
Grazas pola túa colaboración!

Compartir: