Cultura

Cultura

- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Festifolk Costa da Morte e concerto de Treixadura

Sábado 13 de xullo do 2019 A partir das 22:00 horas - Praza do Concello

A Praza do Concello acollerá esta fin de semana unha nova edición do Festifolk Costa da Morte Concello de Carballo. Das 20 ás 22 horas, celebrarase o tradicional desfile de gaiteiros da Costa da Morte polas rúas da vila, que concluirá sobre o escenario municipal coa interpretación conxunta do himno do Antigo Reino de Galicia e unha homenaxe aos gaiteiros de Treixadura. Ademais,  a agrupación de música tradicional De Ninghures tamén protagonizará un concerto na carpa da Praza dos Libros como anticipo dunha velada musical cargada de sentimento e emotividade.

Ás 22:30 dará comezo o concerto de Treixadura cun espectáculo musical sorprendente no que a gaita e o canto serán protagonistas a partes iguais. A formación, a piques de cumprir os 30 anos de traxectoria, presentará no escenario carballés o seu último disco Inda Canto, no que siguen fieis ao seu compromiso co público e elevando a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico, grazas ás melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión oral continúe viva.

Sobre o escenario estarán acompañados por unha das referencias corais da música tradicional en Carballo: o Coro Aires de Bergantiños, agrupación coa que mantiveron unha estreita relación nos primeiros anos de andadura da coral carballesa.

Organiza: Concello de Carballo
Colaboran: La Voz de Galicia e Fundación Luis Calvo Sanz

Compartir: