Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Gramola Gominola presenta o seu último espectáculo "Bravas"

Venres 26 de xullo do 2019 21:00 horas - Praza do Concello

No Verán Cultural de Carballo hai actividades para todos os gustos e idades. E a do vindeiro venres está reservada para os máis cativos/as da casa cun convidados de luxo como protagonistas: A Gramola Gominola, unha banda de auténtico rock&roll en galego, ben coñecido polo público miúdo do noso concello, capaz de divertir e entreter a toda a familia.
 
A Praza do Concello acollerá a partir das 21:00 horas a presentación do seu último traballo "Bravas.O rexurdir da luz", un espectáculo co que poñen en valor ás superheroinas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes: loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións.

A Gramola Gominola conta con numerosos recoñecementos ao longo da súa traxectoria. Un dos últimos foi o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Desfrutádeo!

Público: Infantil e familiar
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir: