Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
11
12
14
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Función escolar de "O electo", unha das estreas absolutas do FIOT

Xoves 24 de outubro do 2019 11.00 horas - Pazo da Cultura

A piques de dar o seu discurso de investidura, un recén elixido presidente enfróntase a un inesperado problema: un tic nervioso ameaza con arruinar o solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous.

Cales son as motivacións que levan a alguén a querer ser presidente do seu país? É unha responsabilidade da que fuxiríamos a maioría dos cidadáns… Esta comedia aguda sobre a vocación política  visibiliza a vulnerabilidade dos que exercen o poder. A obra daranos pé ao debate sobre unha preocupación social de actualidade: a controversia sobre os políticos.

Nesta coprodución do FIOT, e estrea absoluta nesta edición, a compañía de Cándido Pazó explora novas vías para o teatro galego e para o noso festival aliándose cunha das grandes produtoras españolas, Focus. Xuntas crearon O electo, un espectáculo que terá presenza na escena de toda España cunha versión en castelán.

Intérpretes: Manu Baqueiro e Antonio Mourelos
Vestiario: Belén Pichel
Iluminación: Afonso Castro
Música: Manuel Riveiro
Escenografía: Dani Trillo
Texto orixinal: Ramón Madaula
Versión e dirección: Cándido Pazó

Público preferente: maiores de 14 anos
Duración: 80 minutos
Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)

Compartir: