Cultura

Cultura

- 2020 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Unha comedia sobre a vocación política centrará a 2ª coprodución do FIOT

Do venres 25 de outubro ata o sábado 26 de outubro do 2019 21.00h/20:30h - Auditorio Pazo da Cultura

A piques de dar o seu discurso de investidura, un recén elixido presidente enfróntase a un inesperado problema: un tic nervioso ameaza con arruinar o solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous. Cales son as motivacións que levan a alguén a querer ser presidente do seu país? É unha responsabilidade da que fuxiríamos a maioría dos cidadáns…

Esta comedia aguda sobre a vocación política visibiliza a vulnerabilidade dos que exercen o poder. A obra daranos pé ao debate sobre unha preocupación social de actualidade: a controversia sobre os políticos. Nesta coprodución do FIOT, e estrea absoluta nesta edición, a compañía de Cándido Pazó explora novas vías para o teatro galego e para o noso festival aliándose cunha das grandes produtoras españolas, Focus. Xuntas crearon O electo, un espectáculo que terá presenza na escena de toda España cunha versión tamén en castelán.

Intérpretes: Manu Baqueiro e Antonio Mourelos; Vestiario: Belén Pichel;Iluminación: Afonso Castro;Música: Manuel Riveiro;Escenografía: Dani Trillo;Texto orixinal: Ramón Madaula;Versión e dirección: Cándido Pazó.

Público: A partir de 14 anos
Entrada: 8 €
Duración: 80'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo e AGADIC

Programación FIOT28 (Programa de sala)

Compartir: