Cultura

Cultura

- 2020 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A premiada A.K.A pechará o OTNI falando de prexuízos e racismo

Xoves 31 de outubro do 2019 21:00 horas - Salón de actos Pazo da Cultura

Carlos coñece a Claudia e xuntos vivirán unha historia de amor xuvenil que ten como trasfondo os prexuízos e o racismo. O protagonista relátanos un período da súa adolescencia no que treman as súas raíces. Carlos é adoptado e os ollos dos demais fanlle cuestionar cal é a súa “verdadeira” identidade.

Esta obra, valente e comprometida coa linguaxe adolescente, é un éxito entre o público xuvenil e un dos fenómenos teatrais da temporada. Gañou dous Premios Max, catro Premios Butaca e o Premio da Crítica de Barcelona. Varios galardóns recoñecen o excelente traballo do protagonista, que se dirixe aos espectadores desde a proximidade, e que apela ao noso xuízo e á nosa empatía.

Texto: Daniel J. Meyer; Dirección: Montse Rodríguez Clusella; Intérprete: Albert Salazar; Escenografía: Anna Tantull; Deseño de iluminación: Xavi Gardés; Espazo sonoro: Xavi Gardés e equipo A.K.A.; Coreografía: Guille Vidal-Ribas; Cartel: Quim Ávila e Roser Blanch; Fotografía: Roser Blanch; Estudante en prácticas IT: Bryan Willanes; Produción executiva: Roser Blanch, Sergio Matamala e Clara Cols; Comunicación: Clara Cols; Administración: Mario Berlinches e Sergio Matamala; Redes sociais: Daniel J. Meyer, Eli Riera; Xefe técnico sala: Xavi Gardés.

Público: A partir de 14 anos
Entrada: 5€
Duración: 75'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

Programación FIOT28 (Ciclo OTNI)

Compartir: