Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
11
12
14
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Carballo será a sede do III Encontro Galego de Postcrossing

Sábado 23 de novembro do 2019 10:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A Biblioteca Rego da Balsa será escenario do III Encontro Galego de "postcrossing". A xuntanza, enmarcada no proxecto “Palabras da man ao corazón”, pretende revivir e recuperar as postais e as cartas como medio de comunicación e de conexión social.

Na biblioteca carballesa xa podedes visitar unha exposición coas postais da colección persoal de Diana Pastoriza, coordinadora de "Palabras da man ao corazón”, iniciativa na que participan uns 60 centros educativos que levaron a cabo intercambios de postais, cadernos viaxeiros e obradoiros de escrita creativa ou de caligrafía, entre outras actividades. Gustaríache revivir e recuperar un medio - o intercambio de postais e cartas - que foi natural en Galicia durante moito tempo, e máis para aqueles de nós que emigramos ao estranxeiro. “Palabras da man ao corazón”  naceu dese xeito, como un proxecto educativo intercentros que ten como obxectivo revalorizar a escrita creativa á man engadíndolle unha dimensión colaborativa e intercultural. Ademais, posúe unha parte divulgativa que busca dar a coñecer libros, poemas, cancións e cadros que teñan como tema as cartas ou a escritura (na pranta baixa da biblioteca podes ver parte deses libros).

Oxalá esta exposición e o encontro do vindeiro día 23 de novembro deixe un ronsel de postaleiras e postaleiros en Carballo!

Compartir: