Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Talía Teatro pon en valor a nosa lingua coa representación de "Lambetadas"

Domingo 9 de febreiro do 2020 18.00 horas - Pazo da Cultura

Lambetadas é a historia de dous personaxes que non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara onde van, polo que non lles queda máis remedio que coñecerse. E descobren que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas, porque sen elas non se pode lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai.

Talía Teatro preséntanos un espectáculo de clown e teatro de obxectos para degustar lambendo e relambendo, deixándonos un doce sorriso nos beizos.

Intérpretes: María Ordóñez e Diego Rey; Escenografía e iluminación: Dani Trillo; Autoría: María Canosa, Sechu Sende e Santiago Cortegoso; Vestiario, caracterización e axudante de dirección: Martina Cambeiro; Dirección: Santiago Cortegoso.

Público: A partir de 5 anos
Duración: 45'
Entrada: 3 € / 2 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: