Cultura

Cultura

- 2020 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Música, baile, disfraces e as coplas de Lupe Blanco no Domingo de Entroido carballés

Domingo 23 de febreiro do 2020 A partir das 17.00 horas - Praza do Concello

A regueifeira Lupe Blanco será a encargada de presentar e animar coas súas coplas unha das actividades máis agardadas da programación do Entroido carballés: o desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que dará comezo ás 18.00 horas e que este ano contará con máis de 8.000 € en premios e subvencións nas diferentes categorías. Pero a festa na rúa arrincará xa ás 17.00 horas coa música da Charanga Era Visto, que encherá de rito e animación a Praza do Concello para ir creando ambiente desde primeira hora da tarde. 

A entrega de premios do concurso realizarase durante o tradicional baile de disfraces, que organiza a Concellaría da Terceira Idade e que ameizará a Orquestra Trébol a partir das 20.30 horas na Praza do Concello.

Compartir: