Cultura

Cultura

- 2020 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Raquel Queizás protagoniza un contacontos infantil sobre a igualdade de xénero

Martes 17 de marzo do 2020 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A programación elaborada pola Concellería de Igualdade arredor do Día da Muller chega esta semana aos máis cativos e cativas da casa para promover a igualdade de xénero desde a infancia e previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade capaces de rachar cos roles asignados.

A través dos contos de Raquel Queizás desmontaremos eses estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos. Descubriremos historias de nenas decididas e nenos sensibles. Identificaremos situacións ás que nos temos que enfrontar día a día na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas á palabra e, por suposto, gozaremos brincando coa imaxinación.

Sinopse: Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de princesas rosas e apoucadas e de príncipes azuis e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos "Somos iguais". Sí, igual de valentes e igual de sensibles.


Público:
Nenos e nenas de 4 a 8 anos de idade
Entrada:
Libre e de balde ata completar aforo
Organiza:
Concellería de Igualdade

Compartir: