Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Nadal Pequespectacular: Monicreques de Kukas representa "Arlequina"

Luns 28 de decembro do 2020 18.00 horas - Pazo da Cultura

Esta é a trepidante viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta, Arlequina, un anaco de papel, que ten letras e non sabe ler, con alma de marioneta e corazón de poeta. Marionetas, actores e música en directo recrean un divertido e rico universo creativo particular coa que a máis veterana das compañías de teatro de títeres e obxectos e unha das máis antigas de Galicia, Os Monicreques de Kukas conmemora o seu 40 aniversario. Polo seu labor de investigación, tanto das técnicas de construción e de manipulación, a Xunta de Galicia acaba de recoñecela co Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas 2019.

Intérpretes: Xurxo Cortázar, Isabel G. Coldeira, Borxa Ínsua, Kukas, Larraiz Urruzola, Ero Vázquez e Isabel Rey
Músicos de Zoar Ensemble: Joan Ibáñez, Benxamín Iglesias, Álex Regueiro, Antonio Suárez e David Villa
Autoría, deseño de marionetas e escenografía: Marcelino de Santiago “Kukas”
Dirección: Isabel Rey e Marcelino de Santiago “Kukas”

Duración: 65 minutos
Público: todos os públicos
Entradas: 4€ prezo ordinario / 3€ prezo reducido
Venda directa de entradas na billeteira do Pazo da Cultura os días de función desde ás 16.30 h. 
Poñeranse á venda 62 entradas por cada función: 52 dobres destinadas a persoas convivintes e 10 entradas individuais destinadas a espectadores de máis de 10 anos.

Organiza: Concello de Carballo
Colabora: AGADIC

Vídeos

Compartir: