Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Matías Daporta presenta en exclusiva en Carballo o seu espectáculo "Mocap"

Xoves 22 de abril do 2021 20.00 horas - Pazo da Cultura

O creador Matías Daporta presenta en exclusiva en Carballo o seu último traballo, Mocap, unha peza de danza de dúas partes na que explora a idea de ausencia de corpos tanxibles, en contraposición ao aumento de imaxes dixitais que os relevan. A sustitución dos corpos pola súa representación prevalece nun mundo case totalmente tecnolóxico, creando un paralelismo entre o chroma e a caixa negra, dous espazos de imaxinación infinitos.

Esta compañía participou no ano 2019 no programa de Residencias Para_iso organizadas polo Colectivo RPM que conta co apoio da AGADIC da Xunta de Galicia, e no que colaborou o Concello de Carballo, para ao apoio da creación artística con entidades relevantes de creación cultural en Galicia. Os días previos da representación teremos a sorte de que esta compañía realice unha residencia artística previa á estrea.

Duración: 60 minutos
Entradas: 3€/2€ (venda anticipada en www.ataquilla.com)
Público: adulto

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Agadic

Compartir: