Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ibuprofeno Teatro abre as actuacións dos Venres Culturais con "Raclette"

Venres 3 de febreiro do 2017 21 horas - Auditorio do Pazo da Cultura

Unha cea reúne a cinco persoas que conforman un complexo mosaico humano e na que se desentraña o misterio dunha terrible hitoria. 

A parella, a maternidade, a cobiza, a culpa, a violencia ou a morte conforman os temas deste texto gañador do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014, e que converte a Santiago Cortegoso nun dos dramaturgos galegos máis interesantes na actualidade.

A posta en escena sorprenderá ao público non só pola vista e o oído, senón tamén polo olfacto.

FICHA

Intérpretes: Toni Salgado, Debora Vakusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río
Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo
Iluminación: Salvador del Río
Vestiario: Marián Bañobre
Son: Quito
Dirección e texto: Santiago Cortegoso

Duración: 1h 15min
Público preferente: adulto
Prezo da entrada ordinario; 4€
Prezo especial con desconto: 3 €

Espectáculo incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios





Vídeos

Compartir: