Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Primavera enDanza: preestrea de "Ulises e a nena durmida", con Ánxela Blanco

Venres 28 de abril do 2017 21 horas - Auditorio do Pazo da Cultura

A creadora e bailarina Ánxela Blanco achéganos un espectáculo de danza contemporánea incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios e inspirado no poema épico "A odisea", reintepretando o regreso á casa de Ulises tras a guerra de Troia, a través dunha unión única de corpos, voces e imaxes moi potentes que enganchan o espectador.

Ánxela Blanco desenvolve a súa traxectoria profesional co estudo de disciplinas e artes relacionadas co corpo, como a ximnasia deportiva, o teatro físico ou as acrobacias, entre outras, para crear proxectos multidisciplinares arriscados dun gran beleza artística. 

Ficha artística

Dirección, textos e espazo escénico: Ánxela Blanco / Interpretación: Ánxela Blanco e Natalia Schaevers / Asistencia de movemento: Andrea Quintana / Música orixinal: Mr. Krah (Iván Rodríguez), Macarena Montesinos, Mónica de Nut, Manuel Fonte e María Move / Iluminación e espazo escénico: Afonso Castro / Visuais: Rubén Vilanova

Duración: 50 minutos
Público: adulto
Prezo da entrada: 3 € (2 € con desconto)
Reserva de entradas: A partir do 10 de abril no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura (Pazo da Cultura). Límite: 4 entradas por persoa.

Compartir: