Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa
- Rúa Bos Aires, s/n. 15100 - Carballo
- T. 981 758 580
Horario:
- De luns a venres de 10.30 a 20.30 horas.
- Sábados pola mañá de 10.00 a 13.00 horas.


A Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa –inaugurada en outubro de 2014– constitúe un novo espazo para a cultura, o coñecemento, a creatividade e o lecer en Carballo. Un lugar libre, aberto ás novas tecnoloxías, onde todos os veciños e veciñas son benvidos, facilitando e promovendo a accesibilidade, a inclusión social, a convivencia, a alfabetización dixital da poboación e o acceso á información.
A Biblioteca ten como obxectivo fomentar a creación e a promoción de hábitos de lectura: acercando á poboación o coñecemento; ofertando un espazo flexible, dinámico e organizado; dispoñendo dunha colección viva, actualizada e adaptada á comunidade de Carballo e os seus arredores; poñendo en valor e difundindo a creatividade galega.
Os fondos bibliográficos roldan os 7.000 libros, pero tamén hai prensa diaria, revistas e material audiovisual e musical para gozar nas propias instalacións ou en aluguer, ademais de libros electrónicos e un espazo especial para nenos e nenas e para bebés de 0 a 3 anos, ademais de acceso a Internet ou a ordenadores para usar no propio espazo.
- Web da Biblioteca Rego da Balsa
- Facebook das Bibliotecas de Carballo
- Twitter das Bibliotecas de Carballo
- Instagram das Bibliotecas de Carballo
- Flickr das Bibliotecas de Carballo
- Pinterest das Bibliotecas de Carballo
- Fondos das Bibliotecas de Carballo na Rede Meiga de Bibliotecas de Galicia