Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
21
24
25
26
28
29
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Entroido

Entroido

Con motivo da tradicional festa do Entroido, a Concellaría de Cultura, en colaboración con outras áreas, organiza un programa de actos que inclúe diversas actividades co obxectivo de promover unha das festas tradicionais mais celebradas.  O obxectivo é fomentar a participación de todos os colectivos, favorecer a súa creatividade e crear un ambiente festivo nas rúas e prazas.

O programa variado, para todas as idades, inclúe o Domingo de Entroido un multitudinario Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas-que reparte cuantiosos premios e concede subvencións para os participantes-, así como charangas e outros grupos de animación de rúa que contribúen a crear ambiente festivo durante todo o Entroido. 

Celébranse, ademais, obradoiros de elaboración de disfraces, máscaras, maquillaxes e xogos -destinados especialmente para os máis cativos e cativas- e un baile de disfraces para os maiores da terceira idade.

O tradicional Enterro da Sardiña pon o peche coa escenificación teatral da morte de Don Carnal o Martes de Entroido.

Compartir: