Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
21
24
25
26
28
29
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Festas de San Xoán

Festas de San Xoán

As Festas de San Xoán, o patrón de Carballo, teñen lugar cada ano ao longo de todo o mes de xuño, con especial atención á noite das cachelas ou noite de San Xoán o 23, e aos días grandes, o 24 e o 25 de xuño, que adoitan ser festivos locais.

A comisión de festas, na que poden participar todos os veciños e veciñas, configura un cartel de festexos que se consolida cada ano cunha serie de citas xa tradicionais, como o Pregón, o Descenso do Anllóns ou o Concurso de Cachelas.

Tamén hai un espazo especial para a música, cunha oferta que vai dende o máis alternativo, co festival Rockin’, ata a actuación de grandes artistas do panorama musical máis actual.

Asemade, o San Xoán ten cabida para a cultura e o deporte, con citas fixas como o Concurso de cartel de San Xoán,  unha exposición colectiva de creadores de Carballo e a contorna,  o Certame de Habaneras,  o Trofeo de Fútbol de Peñas, ou o Torneo Internacional de Fútbol-7 Alevín Concello de Carballo.

Cada ano, as festas rematan cunha espectacular sesión de fogos de artificio e coa tradicional Festa do Bosque, unha romaría que se celebra no Bosque do Añón e que cada ano conta con máis adeptos. Durante todo o día desenvólvese un amplo programa de actividades (música, concurso de sobremesas, o concorrido Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel, etc.) que permiten gozar da gastronomía e da festa á beira do Anllóns.

Compartir: