Cultura

Cultura

- 2019 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
20
21
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Banda Municipal de Música

Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música do Concello de Carballo naceu no ano 1984 baixo a dirección de Vicente Pérez Planells, que dous anos máis tarde daría o relevo a José Barros Sada para volver a recoller a batuta no ano 1996 ata a súa xubilación, no 2016. Na actualidade a Banda Municipal de Musica de Carballo está dirixida por Rafael Espido Lata.

Conta con máis de trinta membros. Desde a súa creación realizou actuacións por toda Galicia, gravacións para a Radio Galega, no ano 1999 gravou un disco con temas e estilos moi diversos e no 2000 gañou o concurso de Xoves intérpretes da Xunta de Galicia, cun concerto que se recolle nun disco editado pola propia Xunta.

Carballo tamén conta cunha Banda de Gaitas Municipal creada no ano 1999 da man de Mario Seoane Blanco. Na actualidade está coordinada e dirixida por Jesús Moreira Castro e integrada por máis de vinte membros.

Compartir: