Cultura

Cultura

- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Aula de Teatro Municipal

Aula de Teatro Municipal

O Concello de Carballo conta cunha Aula de Teatro Municipal que comezou a súa andaina no ano 2009 e que dende entón ten representado no escenario do Pazo da Cultura montaxes que van dende clásicos como Molière, Chéjov, Cervantes ou Aristófanes, ata propostas máis actuais de autores variados contemporáneos, sempre baixo a dirección e supervisión do coñecido actor, autor e director teatral Artur Trillo, alma máter da coñecida compañía Talía Teatro.

Este grupo de actores e actrices afeccionados colabora ademais ao longo de todo o ano cos programas organizados pola Concellaría de Cultura a través de actividades de animación teatral. Entre elas hai que subliñar as súas aparicións no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), no Entroido co Enterro da Sardiña ou no Día das Letras, entre outros. Así mesmo, colaboran con outras citas puntuais, como festivais ou actos de inauguración.

A Aula de Teatro Municipal conta ademais cun taller destinado a acoller as propostas máis experimentais do alumnado. Nel teñen cabida desde performances ata monólogos ou pezas máis breves que permiten vivir a experiencia teatral dende o outro punto de vista.

Compartir: