Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O fotógrafo carballés Marcos Rodríguez retrata aos nosos maiores na exposición “Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio”

A mostra será inaugurada o venres 24, ás 20 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura e estará aberta ata o 23 de abril

Luns 20 de marzo do 2017 Cultura

Marcos Rodríguez leva nove anos retratando a mulleres e homes como “Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio”. Son tres dos protagonistas da exposición que poderá verse dende o 24 de marzo ata o 23 de abril no andar -1 do Pazo da Cultura, na que cada foto conta unha historia vital, a historia dos nosos maiores, espellos nos que debemos mirarnos cada día para aprender do pasado para poder encarar o futuro. A inauguración está prevista para o venres ás 20 horas, e a mostra poderá visitarse durante un mes en horario de 17 a 21, de luns a domingo.

No camiño entre Carballo, onde se criou, e Cee, onde está afincado, Marcos Rodríguez ten atopado moitos motivos de inspiración, moitos momentos irrepetibles para amosar ao futuro e para a eternidade, como el di. A fotografía artística non é, nin moito menos, o groso do seu traballo. Foi xefe de fotografía no semanario O Acontecer, traballou para El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, DxT Campeón e colaborou con Que pasa na costa e La Voz de Galicia.

No seu currículum figuran numerosos premios, entre eles o noso Xosé Manuel Eirís, pero nos últimos anos leva acumulado prestixiosos galardóns nacionais e internacionais, coma a Medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía, ou os títulos de Fotógrafo Distinguido e Fotógrafo do Ano que outorga a Federación Española de Profesionais da Fotografía. Este ano é un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do Ano, e o 2 de abril, coincidindo coa súa exposición en Carballo, viaxará a Sicilia (Italia) para participar na Gala dos European Photographer of the Year Awards, que outorga a Federación Europea de Fotógrafos Profesionais, e na que se darán a coñecer os nomes dos mellores fotógrafos europeos do 2017.

Compartir: