Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

33 agrupacións asinan este ano o Convenio de Actuacións Musicais do Concello de Carballo

A Concellaría de Cultura destina 21.153 euros ao financiamento de dúas actuacións de cada grupo ao longo do 2017

Xoves 27 de abril do 2017

A sinatura dos convenios realizouse na sala de exposicións baixocuberta do Pazo da Cultura

A sinatura dos convenios realizouse na sala de exposicións baixocuberta do Pazo da Cultura

Un total de 33 agrupacións asinan este ano o Convenio de Actuacións Musicais, unha liña de axudas do Concello de Carballo que ten por obxecto contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no noso municipio, difundir o labor que realizan as agrupacións musicais de persoas afeccionadas e, por outra banda, colaborar coas diferentes entidades que ao longo do ano organizan diversos actos culturais.

26 das asinantes pertencen a asociación culturais, xuvenís ou de veciños. As entidades participantes clasifícanse nas seguintes categorías:

  • Grupos de música e danza tradicional (mínimo 12 compoñentes): 6 grupos
  • Grupos de gaitas (mínimo 4 compoñentes): 8 grupos
  • Grupos de cantareiras/os (mínimo 4 compoñentes): 5 grupos
  • Masas corais (10-29 compoñentes): 2 agrupacións
  • Masas corais (a partir de 30 compoñentes): 5 agrupacións
  • Orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo 4 compoñentes): 7 grupos

O presuposto que se investirá neste Convenio Musical é de 21.153,00 €, que se repartirá da seguinte maneira entre as distintas agrupacións:

  • Grupos de música e danza tradicional (mínimo de 12 compoñentes),  350€
  • Grupos de gaitas (mínimo de 4 compoñentes), 260€
  • Grupos de cantareiras (mínimo de 4 compoñentes), 260€
  • Masas corais (entre 10 e 29 compoñentes), 260€
  • Masas corais (a partir de 30 compoñentes),  425€
  • Orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo de 4 compoñentes), 350€

Solicitudes de actuacións

Despois da sinatura, o concelleiro Marcos Trigo explicou ás agrupacións as cuestións técnicas

Despois da sinatura, o concelleiro Marcos Trigo explicou ás agrupacións as cuestións técnicas

Na sinatura do convenio participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e os representantes das diferentes agrupacións, que a partir de agora xa poderán ofrecer as súas actuacións a asociacións culturais, de veciños/as, comisións de festas ou outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro. As actuacións deben realizarse no termo municipal de Carballo e deberán ser públicas e gratuítas, e non poderán ser utilizadas en actos políticos nin privados.

Poden solicitar actuacións as asociacións, comisións de festas ou outras entidades culturais e sociais sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio social en Carballo e que organicen e realicen actividades culturais que inclúan actuacións musicais. A solicitude de actuacións destas agrupación así como a xustificación da realización das mesmas están regulada no convenio a través dunhas disposicións que explicou o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, no acto de sinatura.

Compartir: