Cultura

Cultura

- 2020 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
17
18
19
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Carballo Interplay aborda a profesionalización de Internet

O festival de contidos dixitais chega ao seu último día cun debate entre Flooxer, Diffferent Enterntainment e Está pasando sobre o salto profesional que está vivindo a rede

Venres 5 de maio do 2017 Cultura

Despois dunha década de experimentación e amateurismo, a produción de contidos audiovisuais para Internet está a madurar, tamén no que respecta ao salto profesional. A cuarta edición do Carballo Interplay abordará, na súa última xornada, a profesionalización que están a vivir os contidos dixitais e farao da man de Flooxer, en representación das novas plataformas que están a xurdir -co respaldo dos grandes medios- para seleccionar o talento que hai na rede; Está pasando, como mostra das axencias que poñen os seus contidos on line ao servizo de marcas e produtos de entretemento; e Diffferent Enterntainment, exemplo de produtora especializada na ficción para internet que logrou facer disto o seu modo de vida, tanto con producións propias como traballando para terceiros.

Nos tempos da multipantalla, somos practicamente incapaces de estar a mirar a televisión unha noite calquera sen ter o móbil diante. E, ao contrario do que se podería pensar, isto non nos aparta do contido, senón que o fai máis divertido. A conversa ao redor dos programas e retransmisións en directo agora faise nas redes sociais e favorece a participación dos espectadores de diversas maneiras: desde o chiste e o comentario troll ata o saúdo aos veciños, o compartir fotos ou rebentar os timelines cun trending topic tróspido. Diso falarán, mañá pola mañá, no Carballo Interplay, El Hematocrítico e os responsables de redes dos programas da TVG Land Rober (Javi Mos) e Luar (Pilar Rodríguez).

Xa pola tarde, despois das proxeccións das últimas webseries que compiten na sección oficial, a familia Prieto Flores traslada ao Pazo da Cultura de Carballo o salón da súa casa, para conversar con Isa Calderón, Soy una pringada, Percebes y grelos e El Hematocrítico. Tras esta versión "ao vivo" dos seus populares vídeos de Youtube, celebrarase a gala de clausura de IV Carballo Interplay, conducida polo actor Sergio Zearreta. Pechará a festa unha picada da DJ Son unha pringada.

Todas as actividades son libres e gratuítas ata completar aforo.

Programa completo do sábado 6

No Fórum Carballo
10:00. A profesionalización dos contenidos audiovisuais para a rede. Panel con Mafalda González-Alegre (Flooxer), Borja Prieto y Natalia Flores (Está pasando) e Teresa Segura e David Sainz (Different Entertainment).
11:30. A televisión nos tempos de Twitter. Panel con Javi Mos (Land Rober Tunai Show), Pilar Rodríguez (Luar) e Miguel López (El Hematocrítico).
13:00. Vermú con CREA.

No Pazo da Cultura
16:00 Webseries sección oficial. INTERNACIONAL 3: Behind the blinds aka filmmaking, Waiting for a sound, Depto, Convos with my 2 years old, The Dump e Psicosomática.
17:30 Webseries sección oficial. NACIONAL 2: A todo riesgo, Lara Love, El partido 2, Pesame street, Bridget Jon de Triana e Te quiero yo tampoco.
19:00. En casa con los Prieto Flores. Con Isa Calderón, Soy una pringada, Percebesygrelos e El Hematocrítico.
21:30. Gala de clausura “Breve historia de Internet” con Sergio Zearreta.

No Bar A Barra
24:00. Festa con DJ Soyunapringada

Compartir: