Cultura

Cultura

- 2020 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
13
14
15
16
17
20
21
22
23
24
27
28
29
30
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A cerimonia de graduación do Conservatorio Profesional de Música converteuse nun acto de homenaxe a Miguel Suárez Barros

A concelleira de Educación e o alcalde de Carballo fixeron entrega dun ramo de flores á viúva do que foi director da institución durante dúas décadas

Xoves 25 de maio do 2017 Cultura

O auditorio do Pazo da Cultura estivo abarrotado

O auditorio do Pazo da Cultura estivo abarrotado

Nun Pazo da Cultura abarrotado, a cerimonia de graduación dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Carballo −a primeira en todos os anos que leva funcionando a entidade− converteuse nunha moi sentida homenaxe ao recentemente falecido Miguel Suárez Barros, vinculado ao centro desde a súa posta en marcha, como profesor e como director, ata a súa xubilación no ano 2014. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a concelleira de Educación, Mar Eirís, e a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Contratación e Seguridade Cidadá, Milagros Lantes, acompañaron ao alumnado e ao profesorado do CMUS e á familia do finado.

“É un orgullo -dixo o alcalde- que todo o mundo se recoñeza e sinta feliz de poder formar parte de esta familia musical do Conservatorio, lugar onde se cultivan as artes, se practica a música e ademais se forman persoas que, ogallá, moitas teñan a súa actividade profesional relacionada con esta arte que tanto nos agrada a todos”. Evencio Ferrero agradeceu a presencia no acto da familia de Miguel Suárez Barros, “quen tantas horas de traballo e de servizo lle prestou ao Conservatorio”. “Para todos vós, para os profesionais do Conservatorio, para o alumnado e para todas as familias que formades parte desta comunidade educativa vai o meu recoñecemento os meus parabéns, e que desfrutemos todos coa música”.

A concelleira de Educación, Mar Eirís, entregou un ramo de flores á viúva de Miguel Suárez

A concelleira de Educación, Mar Eirís, entregou un ramo de flores á viúva de Miguel Suárez

Tras a intervención de Ferrero comezou o concerto, no que se interpretaron pezas de Haendel, Piazzolla ou Albéniz, entre outros autores clásicos, e tamén se procedeu á entrega de diplomas e orlas ao alumnado, desde os de educación musical ata os que acaban o grao profesional. Antes de rematar o recital, a viúva de Suárez Barros subiu ao escenario para recibir a homenaxe de todo auditorio. A edil Mar Eirís e o alcalde entregáronlle un ramo de flores.

A velada rematou cunha actuación da Big Bang que Suárez Barros fundou e dirixiu, e que onte conduciu Javier Bardanca, vicedirector do Conservatorio.



Galería

Compartir: