Cultura

Cultura

- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DAS FESTAS

Corenta agrupacións musicais interpretarán a banda sonora do San Xoán máis longo da historia

Seis orquestras, tres dj, nove grupos de música tradicional, catro corais, nove de rock, tres bandas, dúas charangas, un dúo e artistas como Bustamante, Manel Fuentes e Festicultores Troup animarán catro fins de semana de festa

Venres 2 de xuño do 2017

Carballo, como destacou o alcalde na presentación do programa de festas, vai vivir “o San Xoán máis longo da historia. Nunca tivemos catro fins de semana seguidas de música e de festa”.  Nunca ata este ano, porque a comisión tira a casa pola ventá para encher o mes de xuño de animación e converter Carballo no punto de encontro de milleiros de persoas.

Neste sentido, tanto o alcalde como a concelleira de Festas, Mar Eirís, destacaron a importancia que teñen as celebracións para a economía local, dunha maneira especial para sectores claves como o comercio e a hostalaría. Evencio Ferrero agradeceu, neste sentido, o esforzo dun grupo de hostaleiros que, despois do éxito acadado o ano pasado coa actuación de El Combo Dominicano, volven a traballar á par da comisión para que este ano estea en Carballo outra orquestra de referencia, a orquestra Panorama, e insistiu na necesidade de que “todos debemos apostar e colaborar. A economía debe interpretarse de xeito compartido, porque non é xusto que uns se aproveiten economicamente mentres que outros son os que arriscan e apostan”.

A actuación da Panorama, o vindeiro sábado 10, abrirá as catro fins de semana de actos, ao longo dos cales pasarán por Carballo outras cinco orquestras de primeira liña, a leonesa La Última Legión, que causa furor coas súas versións de pop-rock español; a portuguesa Graffiti, que cada vez soa con máis forza, ou as galegas e tan queridas do público carballés como Trébol, Compostela e Israel.

Máis música

Pero ademais das 6 orquestras, este ano no San Xoán haberá tres dj, dúas charangas, catro corais e tres bandas de música, entre elas a de Carballo, que fará a súa presentación con nova composición e nova dirección. Nas festas tamén se trata de dar cabida a agrupacións da comarca e do municipio, e deste xeito nos pasarrúas teremos a oportunidade de escoitar a todos os grupos de gaitas carballeses. Serán nove en total.

Teremos dúas sesións vermú, unha no Bosque, co dúo Eva e Camilo, e outra o día anterior no Rockin’, que este ano estrea horario e escenarios, como destacou Inés Rodríguez, membro da comisión, durante a presentación celebrada no Pazo da Cultura. O Rockin’ medra ao mesmo nivel que as propias festas, xa que este ano incluirá un concerto de presentación o venres 16, e un total de oito grupos ao longo da xornada do 1 de xullo.

Pero ademais hai outros pratos fortes, tres en total, de estilos que nada teñen que ver con todo o “escoitado” ata agora. O día 17 estará teremos en Carballo á mellor versión de Bruce Springsteen, xa que nos acompañarán o coñecido showman da televisión Manel Fuentes e a súa banda The Spring’s Team para ofrecer un auténtico tributo ao “Boss”. Novo cambio de rexistro no día do patrón, o 24 de xuño, porque no escenario da Praza do Concello estará David Bustamante presentando o seu novo traballo, “Amor de los dos”. E como fin de festa, o 2 de xullo pecharán a xornada familiar do Bosque os Festicultores Troupe. “Na miña xuventude –comentou Evencio Ferrero- o Bosque era o día máis importante da festa. Espero que pouco a pouco sexa ese bosque animado, ese lugar vivo, lugar de encontro, que as familias vaian e sigan impulsando o bosque como nos anos anteriores”. Con grupos como os Festicultores, seguro!

O pregoeiro será Ángel Carracedo

Belén Enríquez entregou o premio á gañadora do concurso do cartel, Ana Varela López, que mesturou a folla de carballo e a sardiña para representar as nosas festas

Belén Enríquez entregou o premio á gañadora do concurso do cartel, Ana Varela López, que mesturou a folla de carballo e a sardiña para representar as nosas festas

O alcalde, como é habitual, foi tamén o encargado de anunciar quen lerá o pregón: “Nada menos que Ángel Carracedo, investigador e experto internacional en xenética. Sen dúbida, de todas as persoas que foron pregoeiras no San Xoán é a que ten o currículo máis extenso. E como ademais ten raíces carballesas, porque o pai é de Rus, encheranos a todos de orgullo que unha persoa de tanto prestixio internacional poida acompañarnos ese día”. Evencio Ferrero convidou a toda a cidadanía a acompañar o 22 de xuño a Ángel Carracedo na Praza do Concello, porque “ademais dun dos mellores científicos que ten Galicia é unha extraordinaria persoa, mellor que científico, que xa é dicir. Polo tanto merece todo o apoio e arroupe”, manifestou.

O San Xoán de Carballo é moito máis aínda. Teremos arte, fogos de artificio, un novidoso festival infantil, un espectáculo de pompas de xabón xigantes tamén para os nenos e nenas... e actividades participativas como Concurso de Cachelas, o Descenso do Anllóns. “Poñemos todas as ganas e todo o traballo en animar as festas, e esperamos sobre todo que haxa moita participación. A valoración que facemos do éxito das festas é precisamente a participación, ver a praza chea, e tamén animar á xente a participar no concurso de cachelas, no Descenso do Anllóns... e que a xente goce das festas”, insistiu a concelleira Mar Eirís.

Na mesma liña, a presidenta da Asociación Cultural San Xoán, María José Souto Cristóbal, animou á veciñanza a participar, e non só das festas, senón tamén da organización. “Sempre o digo, pero a ver se para o ano que vén se anima alguén”, dixo.

Descargas



Galería

Compartir: