Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Banda Infantil do CMUS debutou no concerto de peche de Novembro con Música

As agrupacións locais foron as grandes protagonistas dos concertos, nos que participaron máis de 30 formacións de diferentes estilos

Domingo 3 de decembro do 2017

Banda de Música Municipal de Carballo

Banda de Música Municipal de Carballo

O sábado foi día de estrea para o Conservatorio Profesional de Música de Carballo, porque, despois de só dous meses de ensaios, a Banda Infantil realizou o seu debut no concerto de peche do ciclo Novembro con Música e colleitou o seu primeiro éxito ante un auditorio practicamente cheo. Rafael Espido Lata é o director dun conxunto moi prometedor, integrado por nenos e nenas de 10 e 11 anos, aínda que pronto podería haber incorporacións de cursos inferiores. No seu primeiro concerto interpretaron tres pezas que encheron de animación e aplausos o Pazo da Cultura.

Na Banda de Música Municipal, que actuou a continuación, tamén hai caras novas. Rafael Espido presentou a seis novas/os integrantes dunha formación que, despois de 33 anos de historia, vén de iniciar unha ilusionante etapa na que que destacan a renovación e a xuventude. E aproveitou a ocasión para lembrar que as agrupacións do CMUS terán unha nova cita co público este Nadal.

Máis de 30 agrupacións

Grupos participantes en Live in Cances

Grupos participantes en Live in Cances

Porque despois de Novembro con Música recibiremos un Nadal Cultural que manterá a intensidade da nosa programación cultural. Atrás queda un mes repleto de música no que reunimos a máis de 30 agrupacións, conxuntos ou solistas nun total de 14 concertos organizados directamente polo Concello de Carballo ou en colaboración con diferentes entidades. Aínda que este ano botamos en falta á Coral Polifónica de Bergantiños, que tradicionalmente viña organizando o concerto de Santa Cecilia e que nesta ocasión non puido facelo polo falecemento do home da directora, as agrupacións locais tiveron un protagonismo especial. Xunto a clásicos como o Pop-Rock Live in Cances, Sons de Aquí ou Novos Intérpretes, neste Novembro con Música estreamos o formato de Foliada, que tamén dá cabida á música carballesa de raíz.

Compartiron escenario grupos afeccionados e profesionais, e entre estes últimos foi un luxo poder escoitar ao Grupo de Música Antiga 1500, que ofreceu un concerto maxistral. Mención especial merecen tamén as actuacións de María Fumaça, A Banda dos Cueiros, Verdeveras ou Fabaloba e Luís Prego, con propostas para toda a familia que novamente demostraron que a música trunfa entre os/as máis pequenos/as.

Compartir: