Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

As Letras Galegas toman a palabra nun programa conxunto do Concello de Carballo co movemento asociativo

Teatro, proxeccións audiovisuais, pintura, obradoiros e música comparten protagonismo coa literatura ao longo de todo o mes de maio

Sábado 12 de maio do 2018

As representacións de

As representacións de "Fillos do sol" para alumnado de secundaria abriron a programación

As representacións de Fillos do Sol para o alumnado de secundaria, a proxección do documental sobre a loita de Baldaio, a exposición sobre a vida e a obra de Manuel María ou, onte mesmo, a proxección Vértice de versos, con Carlos Lorenzo e Rosalía Fernández Rial, anticiparon a celebración do Día das Letras Galegas no noso concello. Un ano máis, desde a Concellaría de Cultura,  en colaboración con outros departamentos municipais, entidades sociais e culturais e centros educativos, ofrécennos durante todo o mes de maio unha programación na que a literatura comparte protagonismo con moitas outras manifestacións culturais. Teatro, proxeccións audiovisuais, pintura, obradoiros e música servirán tamén para render homenaxe á literatura galega en xeral e a María Victoria Moreno en particular.

As próximas cita témolas o martes 15 no obradoiro creativo María Victoria Moreno, unha historia de amor, a partir das 18.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa, e o 16, por iniciativa do Casino 1889, coa colaboración de Bodegas Carballo, celébrase a partir das 21.00 horas o Festival Contra-Letras.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Banda Xuvenil de Música do Conservatorio actuará o Día das Letras

A Banda Xuvenil de Música do Conservatorio actuará o Día das Letras

Para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, están previstas as seguintes actividades:

XXXVIII CONCURSO INFANTIL DE PINTURA LUÍS CALVO
Praza do Concello, 11.00 h
Organiza A. C. Lumieira
Colabora Concello de Carballo
FESTIVAL CONTRA-LETRAS
Obradoiros, xogos, brincadeiras e poesía
Entrega de premios do I Certame Poético Festas Minervais do Casino 1889
Casino de Carballo, desde ás 11.30 h
Entrada libre Organiza Casino de Carballo 1889
Colabora Bodegas Carballo
AS LETRAS EN VOCES
Lectura pública e colectiva de obras de María Victoria Moreno Márquez Coa actuación da Banda Municipal de Gaitas e a participación de entidades culturais e centros educativos do municipio
Participación libre / Inscricións Pazo da Cultura Tfno. 981 704 300
Xardín Municipal, 12.00 h
Organiza Concellería de Cultura
TEATRO INFANTIL CONTOS NO FAIADO
Galeatro
Xardín Municipal (Ludoteca), 12.30 h
Organiza Concellaría de Cultura Colabora Deputación da Coruña
CONCERTO DAS LETRAS BANDA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO
Rúa Coruña, 13.00 h
Organiza Concello de Carballo

A PARTIR DO 17

O libro

O libro "Contos mariños de Carballo" presentarase en Cances

E logo do xoves festivo continúa a oferta cultural e de lecer con máis propostas aínda:

18 venres
P
RESENTACIÓN DOS VIDEOPOEMAS Enxeñería poética de Ramón Sánchez
Biblioteca Rego da Balsa, 19.30 h
Organiza Concellaría de Cultura
HISTORIAS DE INVERNO. ESTREA DOCUMENTAL HOXE QUEN BAILA? Historia recente das festas en Soneira e Bergantiños
Espazo da Natureza de Oza. 20.00 h
Organiza Asoc. Ambiental Senda Nova
Colaboran Deputación da Coruña e Concello de Carballo
PRESENTACIÓN DO LIBRO Contos mariños de Carballo de Xavier Maceiras
Local Social de Cances. 21.00 h
Exemplar gratuito para os asistentes
Organiza AC San Campio de Cances

19 sábado
TEATRO AFECCIONADO VAGALUME ANIMACIÓN Dalle ó play, Os ladróns son boa xente e Canto te quero
Auditorio Pazo da Cultura, 17.00 h e 20.30 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume

20 domingo
TEATRO AFECCIONADO VAGALUME ANIMACIÓN Os tres mundos e actuación do Mago Álex. O fontaneiro
Auditorio Pazo da Cultura, 17.00 h e 20.30 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume

26 sábado
TEATRO AFECCIONADO VAGALUME ANIMACIÓN O Testamento do Tío Nacho e O novo traxe da raíña
Auditorio Pazo da Cultura, 20.00 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume

27 domingo
XXIII ENCONTROS CULTURAIS ARUME Foliada para CATIVOS
Local Social de Berdillo, 18.00 h
Organiza AX Arume
Colaboran Concello de Carballo e Deputación da Coruña
TEATRO AFECCIONADO VAGALUME ANIMACIÓN Viva o teatro e actuación do Mago Álex
Auditorio Pazo da Cultura, 18.00 h
Entrada con convite
Organiza AC Vagalume

E ADEMAIS...

Este mes haberá dous bailes sociais con música en directo

Este mes haberá dous bailes sociais con música en directo

Como complemento ao programa, ao longo do mes de maio tamén se desenvolverán outras actividades organizadas polo Conservatorio Profesional de Música, a Concellaría da Terceira Idade e outras entidades, que nos propoñen todo isto:

15 martes
CONCERTOS DO CONSERVATORIO DE CARBALLO CONCERTO DO QUINTETO DE METAIS DO CMUS SUPERIOR DA CORUÑA
Auditorio Pazo da Cultura, 19.00 h
Entrada libre
Organiza Conservatorio Profesional de Música de Carballo

12 sábado
CURRUNCHO POP CONCERTO DE ESPIÑO
Entrada de balde e libre. Reserva na biblioteca Biblioteca Rego da Balsa. 20.30 h

13 domingo
BAILE PARA A TERCEIRA IDADE DUO SINTONÍA DA CORUÑA
Salón de actos do Pazo da Cultura. 18.00 h
Organiza Concellaría da Terceira Idade

27 domingo
BAILE PARA A TERCEIRA IDADE ROCÍO PÉREZ
Salón de actos do Pazo da Cultura. 18.00 h
Organiza Concellaría da Terceira Idade

IX PRIMAVERA EN RUTA DE SENDA NOVA
Domingo 13 Costa agreste de Cerqueda e Cambre (Malpica), domingo 20 Coristanco histórico (Coristanco), domigo 27 Camiños de Caión (A Laracha), e o domingo 3 de xuño Ríos de Sofán (Carballo).
Máis información en asociación@sendanova.org | facebook.com/senda.nova
Organiza Asoc. Ambiental Senda Nova
Colaboran Concello de Carballo e Deputación da Coruña



Galería

Compartir: