Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Descenso do Anllóns cumpre 21 anos consolidado como un evento de referencia para a mocidade

A Semana Grande de San Xoán remata hoxe co Día do Neno nas Barracas

Martes 26 de xuño do 2018

"A lata" conseguiu o primeiro premio á embarcación máis orixinal

Malia que a choiva empezou a caer pouco antes da entrega de premios, o Descenso do Anllóns ofreceunos outra tarde fantástica de abarrote en Carballo e demostrounos que, despois de 21 anos de historia, é o gran evento de referencia para a mocidade carballesa. Finalmente participaron 14 embarcacións, a cada cal máis orixinal.

Desde A Ponte de Bértoa ata o Parque do Anllóns, seguindo o percorrido das carrilanas acuáticas, foron xuntándose cada vez máis persoas, moi atentas ao desenvolvemento do tradicional concurso. Este ano tivemos embarcacións moi curradas, tripulacións moi simpáticas, probas de habilidade moi divertidas e uns/unhas participantes que son os/as mellores do mundo.

Gustaríanos ter premios para todos/as, pero como non pode ser así, o xurado, integrado por representantes da comisión de festas, colaboradores e patrocinadores, tivo que elixir. Estes foron os resultados:

  • 1º premio á embarcación máis orixinal (300€ e vale de 150€ patrocinado por Deportes San Remo): A Lata.
  • 2º premio á embarcación máis orixinal (200€, patrocinado por Castro Parga): 155: Atrapamos a Puigdemont.
  • 3º premio á embarcación máis orixinal (125€): Fariña.
  • 1º premio á tripulación máis simpática (200 € e bono de 4 clases para dúas persoas patrocinado por 3D3 Pádel): Os monos do Anllóns.
  • 2º premio á tripulación máis simpática (100€): Nepe de gamba.
  • Premio á embarcación máis veloz (100€, patrocinado por Casa Francisco): Os monos do Anllóns.
  • Premio ás probas de habilidade (100€): Fariña.

O xurado decidiu, ademais, outorgar varios accésits:

  • Á embarcación máis orixinal: Supermercado Anllóns (75€) e As vellas (50€).
  • Á tripulación máis simpática (75€): Conxuro da noite de San Xoán.
  • Ás probas de habilidade (50€): 155: Atrapamos a Puigdemont.

Continúa a festa

A xornada do luns rematou cunha animada verbena coa orquestra Anaconda, que parte do público seguiu paraugas en man, e unha sesión de fogos de artificio un tanto deslucida polo mal tempo pero que un ano máis arrincou os aplausos e conseguiu a admiración do público. Hoxe é o Día do Neno nas Barracas, con descontos nas atraccións do San Martiño, e mañá, día o Perpetuo Socorro, celebrarémolo con misa e festival de fin de curso da Escola da Rúa. A festa volverá o venres para ofrecernos outra fin de semana de infarto.

Ligazóns

Compartir: