Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Mozos e mozas de 12 a 18 anos aprenderon esta semana a sacarlles máis partido aos seus dispositivos móbiles

Rematou o curso de fotografía para teléfono e tabletas organizado pola Concellaría de Cultura e impartido por Alfredo Varela

Venres 13 de xullo do 2018

No curso participaron 14 mozos e mozas

No curso participaron 14 mozos e mozas

Cunha clase sobre o retoque e sobre os dereitos de imaxe, hoxe rematou o curso de fotografía para teléfonos móbiles e tabletas que Alfredo Varela impartiu no Pazo da Cultura durante toda esta semana, dentro da programación do XX Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís, e no que participaron 14 mozas e mozos de entre 12 e 18 anos.

Foron, en total, cinco sesións de tres horas de duración nas que os alumnos aprenderon conceptos sobre técnica fotográfica, a exposición correcta, o enfoque, a composición ou as mellores APP gratuítas para sacarlle o mellor partido aos seus dispositivos. Ademais das nocións teóricas, houbo espazo para as saídas ao exterior, “algo que nos veu moi ben nesta semana de calor e que os rapaces agradeceron porque, como nenos que son, sempre se aburren menos fóra da aula”, explicou o docente. “Estivemos na zona do Parque do Anllóns e, sobre todo, centrámonos no que se chama street photography ou fotografía de rúa: saímos polos barrios e fixemos fotos sobre o que aos alumnos mellor lles pareceu”.

“O balance é positivo: os rapaces quedaron moi contentos e conseguimos fotografías boas, e creo eu que quedamos todos con ganas de facer algún curso máis”, engadiu Varela.

O fotógrafo Alfredo Varela foi o docente do curso

O fotógrafo Alfredo Varela foi o docente do curso

Sobre a parte máis teórica do curso, comentou: “Falamos dos aspectos máis básicos da fotografía: a exposición, de como entra a luz dentro da cámara e como repercute logo nas súas imaxes; tamén do encadre, da composición... pero sobre todo, xa che digo, da luz, que é o máis importante que necesitamos para facer unha boa foto. E aprendérono moi ben, moi rápido, porque a exposición sempre é unha parte moi complicada, tamén a máis tostón, pero eles estiveron moi atentos, moi interesados, facendo moitas preguntas”.

Compartir: