Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Se queres vivir o FIOT desde dentro, #procuramosousados é a oportunidade que estabas agardando

Aberto o prazo de inscrición de voluntariado para o Festival Internacional Outono de Teatro

Venres 7 de setembro do 2018

Ser voluntario/a do FIOT non é calquera cousa, porque ademais de vivir dende dentro un dos eventos culturais máis importantes do ano en Carballo, de coñecer de primeira man todo o que rodea o escenario e de coñecer a outras persoas coas mesmas inquedanzas, ser voluntario/a do FIOT permíteche poñer o teu grao de area nunha desas iniciativas que fan que poidamos presumir do noso concello os 365 días do ano. Se a nosa filosofía tamén é a túa, inscríbete! Porque #procuramososados (e ousadas) para que o noso Festival Internacional Outono de Teatro siga medrando.

Os únicos requisitos para ser voluntario/a son ser maior de idade e acudir á reunión convocada para o luns 10 de setembro, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura. Pero se ese día non podes asistir, a partir do martes podes achegarte polo Pazo da Cultura en horario de mañá e daranche toda a información que precises

As tarefas céntranse na atención ao público, tanto na recepción como en sala e no conxunto de actividades do festival (Ciclo OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, etc.). Tamén poden prestar apoio puntual na billeteira e na recepción de compañías teatrais e os seus compoñentes.

Ligazóns

Compartir: