Cultura

Cultura

- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O proxecto “biblionízate” da Biblio Rego da Balsa, un dos tres da provincia premiados no concurso María Moliner

O Ministerio de Cultura vén de facer pública a resolución do premio anual, no que participan bibliotecas de municipios menores de 50.000 habitantes en todo o Estado

Venres 2 de novembro do 2018 Cultura

As visitas dos escolares remataron esta semana

As visitas dos escolares remataron esta semana

Por terceiro ano consecutivo, a Biblioteca Municipal Rego da Balsa é unha das seleccionadas de toda España no Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner, unha iniciativa do Ministerio de Cultura e Deporte para distinguir ás bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes “que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións da animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecarios, a integracións social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías”. Nesta edición é unha das tres premiadas na provincia da Coruña xunto coas de Oleiros e Ortigueira.

A nosa biblioteca presentouse ao concurso co proxecto “biblionízate”, que puxemos en marcha este ano para contaxiar o virus da lectura e espallalo por todo o concello, moito máis alá do edificio da Biblioteca Municipal Rego da Balsa, porque hoxe en día as novas tecnoloxías permiten que a biblioteca teña presenza en calquera lugar. A decidida aposta polas novas tecnoloxías, tanto interna como externamente, é un dos sinais de identidade, de feito, da nosa biblioteca, na que tamén cobra especial protagonismo a impliación do/a usuario/a na toma de decisións, o que nos permite seguir creando comunidade arredor da literatura.

Actividades de outono

O proxecto #biblionízate continúa durante este outono, no que, dentro desa filosofía de abrir a Biblioteca Rego da Balsa a todo o mundo, veñen de rematar, por exemplo, as visitas dun total de 690 nenos e nenas de 5º e 6º cursos de Educación Infantil de todos os colexios do noso concello. Así mesmo, estendemos ao outono a campaña de bookcrossing iniciada este verán nas praias con moito éxito, de xeito que agora os libros viaxeiros están a circular por diferentes edificios públicos do casco urbano.

A Biblioteca Municipal Rego da Balsa está á vosa disposición de luns a venres de 10.30 a 20.30 horas e os sábados de 10.00 a 13.00. É unha das máis activas de Galicia, segundo os informes periódicos que publica a Consellería de Cultura, e ademais de atopar libros, cómics, discos, videoxogos, xornais, revistas, películas... podedes participar nas numerosas actividades de promoción cultural que se desenvolven durante todo o ano. Botádelle unha ollada ao programa de outono premendo aquí.

Compartir: