Cultura

Cultura

- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Arranca “Teatro en Ruta”, unha nova iniciativa do Concello de Carballo para seguir dinamizando os centros sociais

Cances será a primeira parada de Vagalume Animación, que este mes levará os seus espectáculos escénicos a cinco parroquias

Xoves 8 de novembro do 2018 Cultura

A Concellaría de Cultura pon en marcha Teatro en Ruta, unha iniciativa coa que queremos seguir dinamizando os centros sociais das parroquias con diferentes propostas culturais despois da boa acollida que están tendo as sesións de baile con música en directo dos últimos meses. Desta volta será a quenda das actividades escénicas, e para iso contamos con Vagalume Animación, que estará de xira polo noso concello de aquí a final de mes.

Teatro en Ruta arrancará este sábado, día 10, no Centro Social de Cances. Será unha fin de semana de moita actividade cultural nesta parroquia, na que tamén se inaugura un día antes Novembro con Música coa celebración do festival pop-rock Live in Cances, organizado pola Asociación Cultural San Campio coa colaboración do Concello. Vagalume Animación representará en Cances a obra Canto te quero, a mesma que levará o sábado 17 ao Centro Social de Rus e o domingo 18 ao de Verdillo. A xira da compañía carballesa proseguirá á fin de semana seguinte coa montaxe O fontaneiro, que poderemos ver o sábado 24 en Sofán e o domingo 25 en Ardaña.

Todas as representacións comezarán ás 19.00 horas agás a de Cances, que está prevista para as 20.00 horas. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

A intención da Concellaría de Cultura é seguir estendendo este tipo de iniciativas, sempre en colaboración co movemento asociativo, pola cada vez máis ampla rede de centros sociais do noso concello.

Compartir: