Cultura

Cultura

- 2019 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
6
7
8
9
10
11
12
13


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

DO 17 AO 31 DE XANEIRO

Volve “Amal en ruta” para seguir creando conciencia sobre a realidade do mundo árabe a través do cinema

Xoves 10 de xaneiro do 2019

Evencio Ferrero, Ghaleb Jaber e Marcos Trigo

Evencio Ferrero, Ghaleb Jaber e Marcos Trigo

Despois do éxito da edición anterior, na que participaron máis de 400 persoas, como lembrou hoxe o concelleiro de Cultura, o ciclo de cinema euroárabe Amal en ruta volve a facer parada en Carballo. “Foi un éxito e había que repetir”, manifestou Marcos Trigo, que estivo acompañado na presentación desta segunda edición polo alcalde, Evencio Ferrero, e o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber.

O ciclo de cinema está organizado conxuntamente polo Concello e a Fundación para achegar a sociedade árabe a Galicia, rachando cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea. “A nosa misión é silenciosa pero constante, en prol dun coñecemento mutuo entre a cultura árabe e a cultura galega, e entre a poboación árabe e a poboación galega, sobre todo nunha situación a nivel político moi complexa en España, onde vemos esas correntes de pensamento máis xenófobas e máis duras contra o diferente que comezan a acadar representación, e iso é moi perigoso”, manifestou Ghaleb Jaber.

Na mesma liña, o alcalde de Carballo argumentou que “a cultura ten que ser un medio de transmisión de valores e de transmisión de realidade, porque ás veces as outras realidades vémolas distorsionadas”. Nese sentido, Evencio Ferrero agarda que o ciclo de cinema fomente a reflexión “sobre o mundo no que nos tocou vivir” e a sensibilidade suficiente para que as transformacións sociais que se están a producir se baseen “nos principios de igualdade, de xustiza social e de respecto aos demais, ao diverso, ao plural”.

Amal en ruta Carballo é un resumo da última edición da Semana de Cinema Euroárabe Amal, celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado mes de outubro. Este ciclo consta de catro ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cinema árabe da actualidade. Poderanse ver do 17 ao 31 de xaneiro no Pazo da Cultura e na Biblioteca Rego da Balsa, e podes ver os trailers máis abaixo.                                                                                   

Exposición “Familias completas, familias incompletas”

Ademais de ofrecer unha carteleira co mellor da última edición de Amal, a proposta complétase coa exhibición de móstraa “Familias completas, familias incompletas”, unha colección de fotografías realizadas polo fotoperiodista Sergi Cámara a familias de refuxiados sirios chegadas á illa grega de Lesbos.

A exposición fotográfica pode visitarse xa no corredor da planta baixa do Pazo da Cultura. Unha das fotografías da colección foi elixida para ilustrar o cartel oficial da Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2018. É un retrato dunha familia formada polo matrimonio Rhaman e Nazira de Afganistán, coa súa filla Yosama e os seus fillos Rami e Benjamín, tras a súa chegada nunha embarcación desde Turquía á praia de praia Skala Sikamineas na illa de Lesbos, co obxectivo final de chegar a Suíza.

Ligazóns



Galería

Compartir: