Cultura

Cultura

- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa arróupate este inverno cun manto de cultura

Cine, música, contacontos, obradoiros e literatura compoñen o programa de actividades co que queremos entrar “Na túa zona de confort”

Luns 28 de xaneiro do 2019 Cultura

Xavier Alcalá reuniuse cos membros do club de lectura da biblio

Xavier Alcalá reuniuse cos membros do club de lectura da biblio

Cada vez son máis as persoas que na Biblioteca Rego da Balsa se senten coma na casa. Pero, se aínda non é o teu caso, co programa de actividades que temos preparado sucumbirás á #biblionización. Este inverno queremos arrouparte cun manto de cine, música contacontos, obradoiros e literatura para que, teñas a idade, os gustos ou as inquedanzas culturais que teñas, a biblio entre “Na túa zona de confort”.

Nese espazo compartido podes atopar propostas tan interesantes coma o ciclo de cine euroárabe “Amal en Ruta”, que na súa segunda edición en Carballo continúa enchendo de público as salas de proxeccións. Se tes nenos/as non esquezas reservar o teu convite para os contacontos que temos todas as semanas, e se son bebés de 0 a 3 anos bótalle unha ollada á programación da Ludoteca Municipal e reserva canto antes, porque, por exemplo, para os Babycontos e caixa dos tesouros de mañá xa non hai prazas.

Despois de recibir ao grandísimo Xavier Alcalá, continuaremos achegándovos a algúns dos autores do momento, como Álvaro Alonso, Antonio Tizón ou Manuel Monge. Pero, se che gusta a lectura, non só tes a oportunidade de coñecer a escritores e escritoras, senón tamén de comentar o teu último libro nos clubs de lectura da propia Biblioteca Rego da Balsa ou da Asociación de Irmanamento con L’Isle Jourdain.

E se o que che vai é a música, esta mesma semana arrancará o Curruncho Pop cun interesante cartel de grupos alternativos que che presentaremos moi pronto ao completo. As primeiras citas, e o resto da programación, atoparalos aquí abaixo.



Galería

Compartir: