Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
11
12
14
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

DÚAS SERIES NADAS NO MARCO DO FESTIVAL OPTAN ESTE SÁBADO 2 DE MARZO AOS MESTRE MATEO

O VI Carballo Interplay amosa e impulsa o talento dixital galego

Carballo ofrecerá, a primeira semana de abril, unha completa mostra dos youtubers e instagramers máis creativos da rede galega

Xoves 28 de febreiro do 2019

O equipo de

O equipo de "Hai vida en Bran"

Na súa sexta edición, o festival de contidos dixitais Carballo Interplay continúa a ser un dos principais impulsores da creación de series web en Galicia a través de dúas das súas iniciativas: o Campamento Kamikaze e o Premio a proxectos de webserie en galego. Dúas producións nacidas noutras edicións do festival optan de feito, esta fin de semana, a un Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. É o caso de Hai vida en Bran? -gañadora do premio a proxecto no 2017- e de Dinosaurio, nacida na primeira edición do Campamento Kamikaze. 

Estes días grávase, tamén, en Compostela Sígueme, a webserie impulsada por un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC baixo a dirección de Nuria Cancela que obtivo o premio ao mellor proxecto no 2018 e que se presentará, no Interplay, o xoves 4 de abril. Sígueme conta a historia dunha psicóloga que leva a cabo unha terapia experimental e está protagonizada por Paula Cereixo, acompañada por actores e actrices tan coñecidos e recoñecidos como Antonio Mourelos, María Costas, Xosé Barato ou Monti Castiñeiras. As persoas que queiran seguir os pasos deste novísimo equipo e presentar os seus proxectos de webserie en galego poden facelo ata o 17 de marzo a través da web carballointerplay.com. O galardón, que ten unha dotación económica de 1.500 euros que deberán destinarse á produción dos tres primeiros capítulos da  webserie, resolverase cun pitching en directo durante o festival. E o resultado estrearase na sétima edición do Carballo Interplay.

Unha selección da creatividade galega na rede

No último ano vivimos unha explosión de creatividade na rede galega, con YoutubersInstagramers e moitas rapazas e rapaces novos exhibindo o seu talento nas redes. Unha selección deles daranse cita a primeira semana de abril no Carballo Interplay.

  • Marcos López, creador dunha das canles máis populares do Youtube en galego, Telejaita
  • Miguel Silva Conde, gañador do premio Youtubeir@s 2018 con Aquel-e
  • Laura Cruxeiras, gañadora do Youtubeir@s 2017 coa súa canle “Corasón de churrasco” e que triunfa nas redes facendo cancións, humor e reivindicación feminista co dúo Branca e Tinta
  • Edu Fernández, a medio camiño entre a videocreación, a parodia e a seriedade de calquera youtuber profesional que se fixo viral en 2015 con "Chica de la Coru"
  • A crítica millennial, feminista e queer Olaxonmario
  • A xornalista da TVG Alba Mancebo
  • A actriz e presentadora María Mera, moi activa nas redes sociais, nas que se converteu nunha verdadeira influencer da maternidade

Código Fonte Audiovisual con Aldaolado

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo.

Na sexta edición do Carballo Interplay as encargadas de seleccionar e amosar as súas lembranzas dixitais baixo o título Autopoética en liña serán o dúo poético-musical Aldaolado. Lucía Aldao e María Lado realizan unha mestura de poesía con humor e música con carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa coa persoa espectadora. Uníronse en 2005, cando o Consello da Cultura Galega montou o proxecto Translítera dirixido por Rafa Xaneiro. Co fin de participar nel, ambas preparan o seu primeiro espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto. A súa intención foi dende ese momento ofrecer poesía dun xeito amable e divertido á vez que elas desfrutaban recitando. Dende entón o grupo foi aumentando a audiencia destacando a súa presenza no Luar en dúas ocasións.

Compartir: