Cultura

Cultura

- 2019 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
20
21
23
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O PRAZO PARA PARTICIPAR ESTÁ ABERTO ATA O DIA 25

Concello e Fundación Luis Calvo Sanz asinan por terceiro ano un convenio de colaboración para o Certame Xosé Manuel Eirís

A fundación achegará o importe íntegro do segundo premio, que está dotado con 750 euros

Martes 5 de marzo do 2019 Cultura

A sinatura do convenio realizouse hoxe na Alcaldía

A sinatura do convenio realizouse hoxe na Alcaldía

Por terceiro ano consecutivo, a Fundación Luis Calvo Sanz colabora co Concello de Carballo na organización do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. A fundación achegará o importe íntegro do segundo premio, dotado con 750 euros. Fundación e Concello, representados por Luciano Calvo Pumpido e Evencio Ferrero Rodríguez, respectivamente, asinaron hoxe o convenio de colaboración, nun acto no que tamén estivo presente o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo Facal.

Grazas á achega da Fundación Luis Calvo Sanz, o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís reparte 3.050 euros en premios. O alcalde de Carballo agradeceu a boa disposición de Luciano Calvo e da fundación a colaborar coa promoción do deporte e da cultura no noso concello. Luciano Calvo, pola súa banda, reiterou o compromiso da Fundación Luis Calvo Sanz con Carballo e cos carballeses e carballesas.

O prazo para participar no certame está aberto ata o 25 de marzo. As bases non varían con respecto a edicións anteriores. Estes son algúns dos aspectos máis salientables:

  • Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.
  • As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
  • Os traballos fotográficos que se presenten ao certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
  • As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
  • Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

PREMIOS

  • 1º premio: 1.500 € e diploma.
  • 2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
  • Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
  • Accésits: 300 €, patrocinados por Interfilm Carballo.   

Compartir: