Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

“VIVA GALICIA!” SOARÁ O SÁBADO 30 NO PAZO DA CULTURA

Troyanos de Compostela agasállanos cun concerto que recupera unha parte importante da historia musical de Galicia

A agrupación musical da Asociación de Antigos Tunos Compostelanos, na que figuran varios carballeses, culminou coa gravación dun CD un minucioso traballo de investigación dirixido por Fernando Reyes

Venres 29 de marzo do 2019

Este sábado imos ter a sorte de asistir a un concerto dos que fan historia. E neste caso é literal. Despois de cinco anos de traballo de investigación, a Asociación de Antigos Tunos Compostelanos vén de presentar un CD no que recupera unha parte fundamental da historia musical de Galicia. Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya é un disco que, en palabras do director do proxecto, o prestixioso Fernando Reyes, ten “todo un valor musical e patrimonial inigualable”.

O propio Fernando Reyes, mestre, especialista en instrumentos de corda pulsada e en música patrimonial e histórica, participou na presentación do concerto xunto co presidente da Asociación de Antigos Tunos Compostelanos, Benigno Amor, e un dos seus integrantes, o carballés Juan Carlos Díaz del Valle, que tivo moito que ver na elección de Carballo como o segundo escenario, despois de Santiago, para a presentación deste proxecto histórico. Xunto a eles estiveron o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, que destacou o rigor e o interese do concerto. “Ímolo desfrutar”, asegurou.

Fernando Reyes defende que o patrimonio musical debe recibir o mesmo trato que o resto dos patrimonios, e nese sentido destacou o importante papel que desenvolveu a tuna compostelana nos anos 20-30 como “un dos grandes elementos de difusión e dignificación da cultura de Galicia por toda a península ibérica”. Este traballo de recuperación desenvólvese de forma paralela ao proxecto de promoción do Museo Casa de la Troya, xestionado pola entidade. O seu presidente, Benigno Amor, convidou a toda a cidadanía en xeral, e aos colexios en particular, a visitalo.

Fin de semana

No concerto deste sábado poderemos escoitar temas coma Lela, a tradicional Que lle dean bertorella, Unha noite na eira do trigo, Viva Galicia!, A raíz do toxo verde, Fonseca ou a Muiñeira de Pontesampaio, entre outros moitos que forman parte da historia musical de Galicia. “Vai ser un concerto moi apreciado pola xente que veña, que sentirá que ese momento é un momento musical e cultural importante”, apuntou Fernando Reyes.

A actuación de Troyanos de Compostela pon fin ao programa musical dos Venres Culturais, que, como lembrou Marcos Trigo, trouxo este ano a Carballo o indie-jazz de Nani García, o folk-rock de Escuchando Elefantes ou o pop-rock “made in” Carballo. Este sábado ás 20.30 volvemos a cambiar de rexistro para recibir aos 32 compoñentes da agrupación musical da Asociación de Antigos Tunos Compostelanos. A actuación, hoxe mesmo, da compañía de teatro Eme2 con Leituga e o espectáculo musical de Teatro ao cubo previsto para o domingo completan a oferta cultural da fin de semana.

Vídeos

Compartir: