Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O deseñador carballés Cervo gaña o concurso do cartel das Festas de San Xoán 2019

Veciño da parroquia de Oza, está rematando o ciclo superior de Ilustración e quere darse a coñecer para poder dedicarse profesionalmente á súa paixón

Martes 7 de maio do 2019

O xurado do concurso, en pleno proceso de elección

O xurado do concurso, en pleno proceso de elección

Este ano o cartel das Festas de San Xoán será especialmente carballés, porque o seu autor é un artista da parroquia de Oza que, ademais, está empezando no mundo da ilustración. O seu nome é Cervo, e preséntanos unha proposta cargada de simbolismo que non faremos pública ata a presentación do programa das festas pero que xa vos avanzamos que representa o empoderamento das avoas e que non ten nada que ver cos carteis dos últimos anos. E ata aí podemos ler.

Cervo, autor do cartel

Cervo, autor do cartel

Cervo é un mozo trans de 20 anos que está rematando o ciclo superior de Ilustración, e que ademais de querer demostrar a súas dotes artísticas, coa súa participación no concurso tamén quixo contribuír á visibilización da diversidade sexual e de xénero. “Fai pouco que creei a miña imaxe de artista, Cervossa, e quero darme a coñecer para poder traballar do que me gusta profesionalmente”, sinala.

O xurado do concurso estivo integrado este ano por Mar Eirís, concelleira de Festas e Educación; María José Souto, presidenta da Asociación Cultural San Xoán; Gustavo Lorenzo Pena, secretario; Inés Rodríguez, Sergio Varela, Mari Pacoret e José Antonio Deus, vogais; Maica Ures, concelleira de Igualdade e Benestar; Daniel Pérez, concelleiro de Xuventude, e Carmen Castro, xefa do servizo de Cultura, en calidade de secretaria.

Compartir: