Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

DO 11 AO 14 DE XULLO NO XARDÍN MUNICIPAL

Autores como Manuel Rivas, Ramón Vilar, Ledicia Costas, Ana Cabaleiro ou Diana Varela manteñen o altísimo nivel da Praza dos Libros

O alcalde e o concelleiro de Cultura agradecen a implicación das librarías e da Fundación Luis Calvo Sanz para fomentar a lectura e a cultura en xeral

Venres 5 de xullo do 2019 Cultura

Este ano a Praza dos Libros vén cargadiña de literatura, pero tamén de música, de obradoiros, de gastronomía e, sobre todo, de grandes nomes das letras galegas actuais. Son, como dixo o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, na presentación do programa, “14 anos xa de historia, coa mesma filosofía que ata o de agora, con catro días cheos de actividades e este ano ademais cunha pregoeira de excepción, María Reimóndez”. A autora luguesa será, de feito, a encargada de dar o disparo de saída deses catro intensos días de cultura o xoves 11 ás 12.30 horas.

E a partir dese momento asistiremos a un auténtico desfile de estrelas da cultura galega. Anxo Moure, Magín Blanco, María Canosa, Concha Blanco, Daniel Asorey, Diana Fernández, David Díaz, Xoán Curiel, Ledicia Costas, Fernando Fernández Rego, Manel Cráneo, Diana Varela, Pakolas, José Antonio Andrade, Manuel Rivas, Ana Cabaleiro, Ramón Vilar, Aldaolado... e os/as da casa: Alberto Varela Ferreiro, Xan Fraga, Isabel Villanueva, Laura Tova, Miguel A. Alonso Diz, Fernando Calvo Trincado, Xabier Maceiras... Literatura e música fundidas nun programa que mestura cantidade e calidade.

Tamén estará presente a gastronomía, e non só pola proximidade dos produtos da horta que se venderán no mercado do xoves e na feira do domingo, senón tamén porque o xoves con cada libro que merques entregaranche unha lata de atún Calvo, claro, e o domingo, un moletiño de Pan de Carballo, de onde se non!

Librerías

Pero os auténticos protagonistas serán os libreiros e as libreiras, que foron maioría na presentación de hoxe. Este ano participan Á lus do candil (Arteixo), Lila de Lilith (Santiago) e as carballesas Brañas Verdes, Ler, Trasgo, Teldy e Punto e Coma, ademais de Demo de Phottic. E, por suposto, as nosas bibliotecas, onde poderás, entre outras cousas, recoller os premios que che toquen nas tarxetas rasca. Camisolas, chapas, libros, chaveiros, mochilas... Os libros en Carballo non só veñen cun pan debaixo do brazo, senón con moitos outros “extras” e, ademais, cun desconto do 10%.

O alcalde de Carballo, que pechou o acto de presentación, celebrado no palco da Praza do Concello, destacou que a fórmula da Praza dos Libros funciona, louvou a calidade do programa e destacou o protagonismo dos autores e das autoras da Costa da Morte. Evencio Ferrero, que, ao igual que Marcos Trigo, agradeceu o apoio da Fundación Luis Calvo ás diferentes manifestacións culturais que se desenvolven no noso concello, rematou desexando un novo éxito para libreiros e libreiras, autores e autoras e, por suposto, para a creatividade cultural galega e para Carballo.

Compartir: