Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Carballo pon en valor os símbolos que hai 90 anos converteron a vila nun modelo urbanístico e arquitectónico en Galicia

Placas de Olería de Buño, paneis con imaxes antigas e unha publicación lembran a inauguración das escolas do xardín, o mercado e a Praza da Liberdade en 1929

Luns 23 de setembro do 2019 Cultura

O acto do domingo reuniu a un cento de persoas

O acto do domingo reuniu a un cento de persoas

Este ano celebramos o 90º aniversario da Praza da Liberdade (hoxe Praza de Galicia), do vello mercado (desaparecido) e das escolas do xardín (actual Ludoteca Municipal). No Concello de Carballo pensamos que unha data tan simbólica non podía pasar de longo, e por iso, coa colaboración da Agrupación Cultural Lumieira, decidimos lembralo cunha ruta polo Carballo histórico, a colocación de paneis conmemorativos na Praza de Galicia e na rúa Desiderio Varela e a edición dunha publicación que recolle material documental do noso Arquivo Municipal seleccionado polo historiador Xan Fraga para relatarnos esa pequena parte da nosa historia.

E, ademais, quixemos que con este acto rematase a Semana Europea da Mobilidade. "Queríamos pechar esta semana lembrando o que puido ser e non foi”, apuntou o alcalde, Evencio Ferrero, no acto, celebrado o domingo. “Noventa anos despois estamos ao pé das escolas do xardín, como sempre se coñeceron; á dereita estaba a Casa de Chinto, alí en fronte estaba a Casa do Concello, máis arriba os pavillóns do mercado... Un Carballo que nos foron roubando aos que xa somos dunha xeración. Pero ben está tamén lembrar as cousas que permanecen e que simbolizan o Carballo presente. E 90 anos despois programamos este acto na lembranza daqueles tempos, nos que Guillermo Peinador, ben é verdade que con un crédito importante, fixo a gran transformación do centro urbano de Carballo", engadiu.

Descubrimento da placa nas escolas do xardín

Descubrimento da placa nas escolas do xardín

A continuación, o cronista local Xan Fraga ofreceu todo tipo de explicacións sobre o Carballo de 1929 e o mandato de Guillermo Peinador Vega, "un palentino que se estableceu na nosa vila, que foi xuíz, avogado, un dos grandes defensores como avogado das Mártires de Sofán, e que contou cos mellores arquitectos da época”. E precisamente grazas a esa visión da planificación urbana Carballo foi un referente a nivel galego. "Aos anos 20 eu chámolles a Idade Dourada de Carballo dende o punto de vista arquitectónico e urbanístico. Xa non é ningunha novidade dicir que Carballo era moi louvado neses anos por ese motivo", sinalou Xan Fraga.

A viúva de Guillermo Peinador fillo descubriu a placa da Praza da Liberdade

A viúva de Guillermo Peinador fillo descubriu a placa da Praza da Liberdade

Un cento de persoas foron achegándose ata as antigas escolas para participar no acto conmemorativo, que rematou co descubrimento dunha placa de Olería de Buño na fachada do histórico edificio. Xusto ao remate empezou a chover, pero a gran comitiva continuou coa ruta histórica desprazándose a pé pola rúa Coruña ata a Praza de Galicia, onde de novo luciu o sol para que puidese descubrir outra placa a viúva de Guillermo Peinador fillo, que, como lembrou o alcalde, tamén foi membro da corporación no 1979.

Xan Fraga destacou a importancia deste tipo de actos para "aprender dos erros do pasado para non volver a cometelos", e Evencio Ferrero fixo un chamamento ás corporacións municipais do futuro “para que as transformacións que fagan sexan sempre para mellorar e que Carballo sexa ese bo lugar para vivir que sempre dicimos".

Compartir: