Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Aberto o prazo para presentar webseries ao 7º Carballo Interplay, que se celebrará do 1 ao 4 de abril

O festival internacional de webseries organizado polo Concello de Carballo repartirá este ano máis de 7.000 euros en premios

Martes 12 de novembro do 2019

A sétima edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 1, 2, 3 e 4 de abril de 2020, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas webseries ou proxectos de webserie á súa sección oficial, que repartirá máis de 7.000 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e ata o 16 de febreiro de xeito gratuíto a través da web carballointerplay.com ou a través da plataforma online filmfreeway.

A novidade destacada desta sétima edición do Carballo Interplay, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, é o salto cualitativo que dá o premio a proxecto de webserie en galego, que duplica a súa dotación económica e destinará 3.000 euros á produción de tres vídeos da serie do proxecto premiado. A data límite para persentarse é o 15 de marzo de 2020 e os proxectos deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais, pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres), pero poden ser de imaxe real, animación, stop motion ou técnica combinada

Polo que respecta ás webseries participantes na Sección Oficial a concurso, deben ser producidas entre os anos 2017 e 2020 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, pero poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais.

Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector premiará a mellor webserie, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha. Tamén haberá un premio á mellor campaña de difusión online, dotado con 500 euros e trofeo; e un premio ao mellor guión e outro á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

As webseries producidas en Galicia optan, polo tanto, aos dous premios de Mellor webserie e Mellor webserie VO Galego. En todo caso, só poden optar ao premio á Mellor webserie VO Galego aqueles traballos cuxa versión orixinal sexa en lingua galega. Neste sentido, a organización sinala expresamente que se reserva o dereito a deixar deserto o premio, en caso de que non concorran a concurso un mínimo de tres webseries en lingua galega. Advirte, tamén, que no caso de que o xurado decida que dúas webseries resultan premiadas na mesma categoría a dotación económica se repartirá a partes iguais entre as gañadoras.

O Carballo Interplay, que na súa sexta edición converteu a vila coruñesa na capital da cultura dixital global, xa é todo un referente que cada ano recibe para a súa sección oficial máis de 200 webseries de todo o mundo.

Ligazóns

Compartir: