Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os Ratiños de Lonxedetodo regresaron esta semana á Biblioteca Rego da Balsa para iniciar á lectura á cativada

Despois de participar nas últimas visitas de escolares de 4 e 5 anos, as historias dos simpáticos protagonistas de Trinketrinke Teatro acompañarannos ata o 29 de abril

Xoves 14 de novembro do 2019

"O ratiño presumido" iniciou as funcións dos mércores

Na Biblioteca Rego da Balsa hai uns ratiños que de cando en vez saen do seu agocho para contarlles e cantarlles aos nenos e nenas historias ben bonitas. Son os Ratiños de Lonxedetodo, auténticos devoradores de libros (ollo! non no sentido literal), e grandes amigos da cativada.

Nos últimos dous meses acompañaron aos peques de 4 e 5 anos de todos os coles carballeses, 598 en total, que participaron nas visitas guiadas á biblioteca organizadas pola Concellaría de Cultura. As últimas, nas que estivo o alumnado do Artai, Gándara-Sofán e CRA Ponte da Pedra, celebráronse o luns e o martes desta semana. E onte mércores os ratiños volveron a asomar os seus narices bigotudos para iniciar as funcións quincenais que nos ofrecerán ata o 29 de abril, neste caso dirixidas a nenos e nenas de 3 a 8 anos, e de balde.

Nesta ocasión recibimos a visita de Fuco e Faifá, que lle deron a volta a un conto clásico para rachar con estereotipos de xénero a través da dramatización  de “O ratiño presumido”, para o cal contaron coa axuda de algúns papás e algunhas mamás e, sobre todo, da rapazada.

Os Ratiños de Lonxedetodo volverán a saír do seu agocho o día 27 para ofrecernos o espectáculo “Queremos a paz!”. Os convites poderán recollerse dende o mércores anterior, o mesmo sistema que se utilizará para as seguintes funcións, que serán todas estas:

  • 11 de decembro, “O caracol namorado”
  • 15 de xaneiro, “Querida ovella negra”
  • 29 de xaneiro, “Riciños de ouro”
  • 12 de febreiro, “O coelliño branco”
  • 26 de febreiro, “O Entroido dos ratos”
  • 11 de marzo, “O galo engancha”
  • 25 de marzo, “Adeus avó, sempre te quererei!”
  • 15 de abril, “Os sete cabritos e o lobo”
  • 29 de abril, “Fábulas"
Atoparás información detallada de cada un dos espectáculos no folleto que podes descargar máis abaixo.

Descargas

Compartir: